Breve Historia das Computadoras
Nos textos informáticos adóitase a falar de Catro Xeracións (e unha Quinta que sería a "moderna") para agrupar as características básicas dos computadores ao longo dos últimos 70 anos. Por suposto, textos máis modernos falarán de xeracións máis recentes, mais falta que pase o tempo para confirmar a relevancia destas clasificacións.
O inicio da computación ten lugar na 2ª Guerra Mundial na tentativa de descifrar o código das mensaxes alemás. Mais o carácter segredo que rodeou a todo o proxecto ata ben entrados os anos 70 fan que se descarte como inicio nesta carreira evolutiva da tecnoloxía moderna. Por iso, a chamada "Primeira Xeración" márcaa a creación do ENIAC en 1941. Nesta xeración de computadores, so programas fanse en binario ou ensamblador*. O desenvolvemento das chamadas Linguaxes de Alto Nivel marca a evolución cara a Segunda Xeración xa na década dos 50. Estas linguaxes de programación están máis preto da linguaxe natural (en inglés, of course!), o cal fai máis doado programar e como efecto colateral permite simplificar as máquinas e co tempo desenvolver as primeiras máquinas que realmente son computadoras de propósito xeral.
A Segunda Xeración comeza cando as computadoras de propósito xeral incorporan transistores, o que as fai máis rápidas, baratas e eficientes.
A Terceira Xeración comeza co desenrolo dos circuitos integrados, que acabará por posibilitar os primeiros microchips que co tempo serán a base dos Computadores Persoais propios da Cuarta Xeración.
Hai dúas características relevantes e entrelazadas na Terceira Xeración. Por un lado a programación do sistema operativo Unix. Por outro lado, o nacemento de Internet. Todo isto no comezo da década dos 70.
Os sistemas Unix permitían a interconexión de usuarios de maneira remota, primeiro en redes locais e inmediatamente con Internet. Isto propiciou a extensión dun sistema de traballo coñecido como Cliente-Servidor, na que os usuarios usaban dun terminal mínimo para conectarse ás máquinas servidoras máis potentes tanto dende a propia rede como a través de Internet.
A Cuarta Xeración ben dada pola baixada de tamaño dos compoñentes das computadoras, o que posibilita a súa integración en equipos moito máis pequenos e baratos. Estas máquinas non requiren por tanto conexión a outros equipos para funcionar, e iso facilita a súa venta para o público xeral, no canto de para universidades e empresas, que era o normal ata entón.
Isto é un IBM/PC compatible
A Historia está marcada por feitos anecdóticos con consecuencias imprevisibles, e a computación non ía ser menos. Entre os moitos computadores persoales que se desenvolveron entre finais dos anos 70 e finais dos 80, destaca a creación do IBM PC(r) (IBM Personal Computer), que incorporaba o sistema operativo de Microsoft(r) MS-DOS(r). Todos estes "rexistrados" incorporan unha característica da informática "moderna": a pretensión de limitar o aproveitamento dos computadores ao pago de licencias, tanto para a súa fabricación, comercialización e incluso mero uso.
Mais como naqueles tempos o software non podía ser patentado, alguén entendeu que as máquinas IBM PC recoñecían unha codificación no software que manexaba os dispositivos que se conectaban ao computador. Dita codificación era algo coma "Isto é un IBM/PC". Non era posible interconectar dispositivos que non incorporasen ese código, e non podías usar ese código sen o pago dunha licencia a IBM; mais se alguén puña a codificación "Isto é un IBM/PC Compatible" entón a máquina aceptaba o dispositivo sen problemas. Co tempo iso posibilitou incluso a comercialización dos coñecidos como "ordenadores clónicos", os cales seguían as especificacións de IBM pero non eran propiedade nin licenciados por IBM.
Cara a computación móvil
Unha maneira de pensar nunha hipotética Quinta Xeración ben dada a partires do xurdimento da World Wide Web, as populares páxinas web distribuidas por todo o mundo, en 1989. Inda así os PC tardarían en incorporarse masivamente, ata un gran avance e abaratamento das telecomunicacións. Hai quen incluso diferencia o auxe da as veces chamada Internet 2.0**.
A unión dos dispositivos telefónicos coas computadoras deu lugar aos smartphones primeiro, logo as tablets, multiplicando así tanto os usuarios como os dispositivos conectados por Internet. En pouco tempo, a vella idea de ciencia ficción de conectar todo tipo de dispositivos tanto na empresa coma no fogar usando Internet comezou a semellar un paso natural na evolución da computación, e incluso se lle dou un nome un tanto pretencioso: Internet das Cousas (IoT, Internet of Things).
Se a época das máquinas cliente-servidor estivo dominada por Unix, e a das computadores persoales o estivo por MS-DOS primeiro e logo por Windows, o seu sucesor, a época da computación móvil ten coma principal referente a Linux, inda que en diferentes encarnacións. Dende televisores a lavadoras, pasando por smartphones ou os máis potentes supercomputadores do planeta, o sistema operativo Linux foi medrando para abranquelo todo.
É posible que atopes semellanzas entre o modelo cliente-servidor dos anos 70 e o usado cos smartphones de última xeración. Porque a hai.
*código nemotécnico para abreviar as instruccións binarias
**na primeira proposta da WWW as páxinas webs consistían nun texto ao que se lle podían engadir elementos multimedia, mais o deseño da páxina era fixo unha vez que se visualizaba web en cuestión no navegador. Co tempo xurdiron ferramentas, principalmente Flash(r), para dotar de certo dinamismo ás páxinas web. Co tempo, a WWW mudou a un novo estándar que permitía incorporar ese dinamismo sen o uso de ferramentas específicas.
NOTA: A primeira versión deste artigo foi publicada no meu vello blogue persoal o 24 de marzo de 2013 como parte dun artigo máis amplo que á súa vez era parte dunha serie adicada a iniciación informática.