openSUSE
Un proxecto maior de idade

Neste blog hai vídeos e algún artigo comentando as bondades de openSUSE e animando ao seu uso. E de feito é unha das distribucións máis coñecidas. Mais logo de ver un vídeo de 24H24L acompañado de Victorhck, compañeiro moderador no Foro de openSUSE en castelán, falando de openSUSE Leap, decateime de canto damos por sentado os usuarios de openSUSE relativo ao proxecto en si.

openSUSE é un proxecto comunitario que nace da man de Novell trala adquisición de SUSE en 2004. Como tal, a idea é auspiciar unha comunidade de usuarios e desenvolvedores que se responsabilizase da publicación dunha versión comunitaria da distribución empresarial SUSE. Para iso dotáronse medios para albergar non só o software e unha web, senón canais de comunicación e outros proxectos que foron xurdindo.

Quizais algún día sería boa idea que, igual que fixo KDE no seu momento, cambiaramos o nome da distribución, porque probablemente isto sexa o que leve a máis a confusión.

Por exemplo, o BuildService é o servizo no que non só podes crear e distribuir paquetes de openSUSE, senón de calqueira outra distribución de Linux. openQA é un servizo para probar calquera sistema operativo. Tamén están a wiki e o foro, en varios idiomas.

Odoo image and text block

As distribucións

A día de hoxe openSUSE en realidades son dúas distribucións diferentes: Tumbleweed e Leap.


Tumbleweed é unha distribución rolling release, isto é, de publicación continua. No canto de publicar versións cada certo tempo, os paquetes vanse actualizando sucesivamente. En parte é a porta de entrada a Leap de certos paquetes, pero non necesariamente, xa que cada un pode ter ciclos de publicación diferentes.

Leap é unha distribución con ciclo de publicación predefinido baseada en SUSE Linux Enterprise, ao punto de compartir os paquetes do sistema base. Quizais a diferencia máis salientable sexa que mentres que a distribución empresarial ven con Gnome, inda que poden engadirse outros escritorios, openSUSE, tanto en Leap coma en Tumbleweed, aposta por Plasma, por moito que a distribución inclúa moitos outros escritorios.

Tumbleweed

Rolling release

Inestable*

  •  Fans da informática

  • Múltiples escritorios 

  • Soporte comunitario

  • Actualización con zypper dup

  •  

Leap

Versión comunitaria de SLE

Estable

  •  Usuarios  e organizacións

  • Múltiples escritorios 

  •  Soporte comunitario /
    migración SLE

  • Actualización con zypper up

  •  

MicroOS

Actualizacións transaccionais

Dispoñibles as versións Leap e Tubleweed

  • Estable

  • Organizacións

  • Escritorios limitados / sen

  • Actualizacións transaccionais

Kubic

Contenedores


Baseada en MicroOS

  • Estable

  • Organizacións

  • Escritorios limitados / sen

  • Actualizacións transaccionais

FairEmail
Un cliente libre para o teu Móvil