A maneira máis tradicional e eficiente de traballar con servizos como Nextcloud é dispor dun cartafol común que poida conter os mesmos ficheiros que queremos ter sincronizados en Nextcloud. Por exemplo, definimos un cartafol chamado atendapc no cartafol de usuario e configuramos un cliente de escritorio de Nextcloud para que nesa carpeta conteña os ficheiros do usuario atendapc de Nextcloud.
A sincronización de ficheiros implica varias cousas:
Os ficheiros aloxados na carpeta a sincronizar están aloxadas físicamente no noso disco e polo tanto ocupan espazo. Isto é particularmente importante en servidores propios con centos de GiB ou ata varios TiB.
A sincronización non é necesariamente inmediata. Compre sempre asegurarse de que se completou a sincronización con éxito ou ben deixarlle ao sistema tempo abondo.
Ao ter os ficheiros aloxados no propio disco, é posible traballar con eles offline.
O uso de aplicacións de calqueira tipo non se ve afectado por dilacións na conexión, protocolos ou outras limitacións impostas pola rede. Podemos crear ficheiros, copialos, movelos, eliminalos, abrilos e editalos con calqueira programa que teñamos instalado, gardando os cambios con naturalidade.
Para facer máis doado usar este cartafol podemos empregar enlaces a carpetas e ficheiros nas ubicacións do noso sistema de ficheiros que máis nos conveñan. Así un traballo gardado en atendapc chamado ventasdoMes2020.ods pode estar enlazado (e entón accesible dende) ao cartafol Documentos/vendasMensuais.