Adoito dicir que Dolphin é, con mucha diferencia, a millor ferramenta para xestionar os nosos ficheiros do mercado. Non só é software libre, que tamén, nin que forme parte da instalación básica do escritorio Plasma de KDE, senón que é tan versátil que che axuda a traballar de maneira sinxela e cómoda. A pega é que a súa instalación deixa unha configuración moi básica e iso pedirá un pouco de configuración, algo que pode arredar a algúns usuarios pero que non debe de ser escusa para non adoptar esta ferramenta en aulas ou oficinas.
A súa presentación non difire demasiado da que podemos agardar doutras ferramentas semellantes. Tes un menú e unha barra de ferramentas arriba, e unha fiestra dividida en dous paneis. Na esquerda temos varias maneiras de acceder aos ficheiros, e na dereita as iconas dos ficheiros, na que se poden facer as tarefas tradicionalmente asociadas aos ficheiros: abrilos, borralos, movelos e copialos dunha carpeta a outra, cambiarlles o nome, etc.
Vista Partida
As características máis salientables de Dolphin comezan coa capacidade de dividir a vista en dúas partes, podendo amosar carpetas diferentes en cada unha delas.
Se coñeces ferramentas coma o Total Commander terás unha boa aproximación da idea tras desta característica e da súa utilidade.
Outra característica de Dolphin é o uso do que os desenvolvedores chaman kioslaves. Isto permite que Dolphin empregue unha morea de protocolos que amplían con moito a súa capacidade.
Aceso a ficheiros remotos
Mediante kioslaves Dolphin é capaz de traballar con moitos servizos de rede de maneira transparente.
Naturalmente, iso implica que podes traballar cos ficheiros aos que acedes mediante FTP, SSH e outros protocolos de rede, como se fosen carpetas normais.
Incluso podes crear marcadores na seccion Lugares para aceder a eles cada vez.
Indexadores
O uso de indexadores nos escritorios Linux permite ampliar a súa usabilidade.
Dolphin permite facer buscas semánticas ou temporais, e ademais permite crear marcadores con tales buscas.
E por suposto, para os usuarios avanzados inclúe a posibilidade de abrir un panel cun terminal de comandos para aqueles que se sintan máis cómodos con el.