Gestión de Ficheros con Dolphin

Adoito dicir que Dolphin é, con mucha diferencia, a millor ferramenta para xestionar os nosos ficheiros do mercado. Non só é software libre, que tamén, nin que forme parte da instalación básica do escritorio Plasma de KDE, senón que é tan versátil que che axuda a traballar de maneira sinxela e cómoda. A pega é que a súa instalación deixa unha configuración moi básica e iso pedirá un pouco de configuración, algo que pode arredar a algúns usuarios pero que non debe de ser escusa para non adoptar esta ferramenta en aulas ou oficinas.

Odoo CMS - a big picture

A súa presentación non difire demasiado da que podemos agardar doutras ferramentas semellantes. Tes un menú e unha barra de ferramentas arriba, e unha fiestra dividida en dous paneis. Na esquerda temos varias maneiras de acceder aos ficheiros, e na dereita as iconas dos ficheiros, na que se poden facer as tarefas tradicionalmente asociadas aos ficheiros: abrilos, borralos, movelos e copialos dunha carpeta a outra, cambiarlles o nome, etc.

Vista Partida

As características máis salientables de Dolphin comezan coa capacidade de dividir a vista en dúas partes, podendo amosar carpetas diferentes en cada unha delas.

Odoo image and text block
Con esta característica é moi doado comparar o contido de diferentes carpetas e copiar ficheiros dunha delas na outra, e non digamos xa crear acesos directos (enlaces, na terminoloxía Linux).


Cada vista pode adaptarse pola súa conta. Por exemplo, podes ter un diferente estilo de vista dos ficheiros (lista, iconas, detalles). Incluso podes usar esta característica para examinar unha mesma carpeta con diferentes estilos de vista.
Se coñeces ferramentas coma o Total Commander terás unha boa aproximación da idea tras desta característica e da súa utilidade.
Outra característica de Dolphin é o uso do que os desenvolvedores chaman kioslaves. Isto permite que Dolphin empregue unha morea de protocolos que amplían con moito a súa capacidade.

 Aceso a ficheiros remotos

Mediante kioslaves Dolphin é capaz de traballar con moitos servizos de rede de maneira transparente.

Naturalmente, iso implica que podes traballar cos ficheiros aos que acedes mediante FTP, SSH e outros protocolos de rede, como se fosen carpetas normais.
Incluso podes crear marcadores na seccion Lugares para aceder a eles cada vez.


Odoo text and image block

Indexadores

O uso de indexadores nos escritorios Linux permite ampliar a súa usabilidade.

Dolphin permite facer buscas semánticas ou temporais, e ademais permite crear marcadores con tales buscas.

Odoo text and image block
      Dolphin soporta plugins para extender a súa funcionalidade e pode traballar con otras ferramentas para tarefas concretas (por exemplo, renomear ficheiros.

      E por suposto, para os usuarios avanzados inclúe a posibilidade de abrir un panel cun terminal de comandos para aqueles que se sintan máis cómodos con el.
      Migrando la suite ofimática
      Una migración exitosa siempre hace ver las cosas con mejor perspectiva